Entran a roubar e causan desperfectos no Santuario da Agualada

“Non sei se a palabra é indignación ou indefensión pero fixeron unha auténtica barbarie”. Era a reflexión do cura Manuel Mayo Romarís ao comprobar que entraran a roubar nun templo que foi obxecto de importantes melloras e que resultou tristemente vandalizado.

“Os santiños non teñen billeteira. Se necesitan axuda que a pidan pero que non nos fagan dano” lamentaba Mayo, lembrando que fai uns días uns descoñecidos tamén entraban nas igrexas de Entrecruces e Anxeriz.

Accederon rompendo a porta de entrada e no interior causaron varios desperfectos.

A noticia provocou alarma e pesar entre a veciñanza da Agualada e da comarca, xa que o templo coristanqués conta con numerosos fieis.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos