O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, declarouse un “defensor o cento por cento das enerxías renovables e especialmente da eólica”.
Sobre a recente sentenza do Tribunal Supremo en relación co parque eólico Campelo comentou:
”Pois efectivamente temos que abrazar estas decisións de forma moi positiva. Aquí non se poden ter dúbidas, senón que hai que apostar claramente polas renovables, porque vai permitir que Galicia sexa un centro de moita produción de enerxía eléctrica e -sobre todo tamén- desas enerxías renovables do futuro, véxase o hidróxeno, vinculadas a proxectos industriais que xeran riqueza e empregos».
En declaracións á Radio Galega lamentou o tempo perdido “por non ter unha planificación axeitada” e “eses 15 anos onde houbo un parón eólico”, xa que “Galicia no ano 2009 era a a primeira potencia eólica en España e hoxe estamos no cuarto e quinto lugar”.
José Ramón Gómez Besteiro culpou ao Partido Popular desta situación que deriva que agora “ estamos sendo penalizados por esa cuestión xudicial”.

