9.7 C
Santa Comba
viernes, febrero 13, 2026

Entroido ‘terrorificamente divertido’ en Vimianzo

Vimianzo celebrará un Entroido ‘terrorificamente divertido’ con máis de 2.800 euros en premios

A gran festa de disfraces de Vimianzo terá lugar o sábado 1 de marzo e a de Baíñas o día 8

As inscricións poden realizarse ata o 27 de febreiro de maneira online na Sede Electrónica ou presencial no Rexistro do Concello

Vimianzo celebrará neste 2025 un Entroido ‘terrorificamente divertido’ no que repartirá máis de 2.800 euros en premios. O sábado 1 de marzo a gran festa terá lugar en Vimianzo, mentres que o día 8 será a quenda de Baíñas. Ambos os dous días estarán marcados pola música, a diversión e, por suposto, os tradicionais concursos de disfraces.

En Vimianzo a xornada comezará ás 16:30 horas cun pasarrúas e animación con Rapacollon’s Big Band. Ás 18:00 horas dará comezo o gran concurso de disfraces. Mentres o xurado, composto por representantes de medios de comunicación da Costa da Morte, delibera os resultados o público poderá gozar da actuación musical de Oviravai e o seu espectáculo ‘Paio e o poder da música’. Ás 21:00 horas terá lugar a entrega de premios a cargo da alcaldesa, Mónica Rodríguez, e dos concelleiros e concelleiras.

As persoas interesadas poderán inscribirse ata o vindeiro 27 de febreiro descargando o formulario da web municipal. Esta información deberá ser presentada de maneira online na Sede Electrónica ou presencial no Rexistro do Concello.

Diferentes categorías

Os e as participantes poderán inscribirse nunha das diferentes categorías establecidas, que son:

  • Comparsas: agrupacións de mínimo 20 persoas cunha temática unificada, que desfilen ou realicen algunha actuación.
  • Grupos: formacións de entre 3 e 19 integrantes con temática unificada, que desfilen ou realicen algunha actuación.
  • Parellas: disfraces conxuntos de dúas persoas con unidade temática.
  • Individuais infantís: para menores de 16 anos que concursen de maneira individual. A inscrición debe presentala unha persoa adulta.
  • Individuais adultos: participación individual de maiores de 16 anos.

Máis de 2.800 € en premios

Para ambos os dous concursos establécense premios que ascenden a 2.870 euros distribuídos da seguinte maneira:

  • Comparsas: 1.000 € (1º premio), 500 € (2º premio), 200 € (3º premio).
  • Grupos: 300 € (1º premio), 200 € (2º premio), 100 € (3º premio).
  • Parellas: 100 € (1º premio), 75 € (2º premio), 50 € (3º premio).
  • Infantís individuais: 60 € (1º premio), 40 € (2º premio), 20 € (3º premio).
  • Adultos individuais: 100 € (1º premio), 75 € (2º premio), 50 € (3º premio).

NOTA DE PRENSA DO CONCELLO DE VIMIANZO

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos