6.9 C
Santa Comba
miércoles, enero 29, 2025

Mónica Rodríguez: “Hai un proxecto de equipo, entrega e querer a Vimianzo”

A alcaldesa de Vimianzo e deputada provincial, Mónica Rodríguez, visitou , por primeira vez, os estudios de Radio Xallas. Foi unha entrevista longa, emotiva, e tamén sustanciosa.

Vimianzo en Fitur

Fixo balance da presenza do concello en Fitur:

“A experiencia nesta edición de Fitur foi moi especial e moi intensa, con moito traballo e reunións moi interesantes. E a nivel global, foi algo multitudinario con moita actividade. Estamos moi satisfeitos. Creo que para Vimianzo e para o Xeodestino Costa da Morte é imprescindible unha visita a unha feira tan importante como é Fitur”.

E agora toca continuar a labor:

“Hai que seguir traballando. A Costa da Morte leva uns anos no mapa pero temos que seguir consolidando un xeodestino que se poida visitar 12 meses ao ano dunha maneira organizada e coidada”.

A comitiva vimiancesa presentou o programa “MiraQVistas” xunto con Dumbría e a “Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba” con Laxe.

“No Stand da Xunta de Galicia deste ano a única foto que había era unha foto preciosa dos Penedos” destacou, agradecendo poder estar nos espazos da Xunta e de Turespaña.

Non se quixo olvidar do Castelo, Castro das Barreiras, Ruta dos Dólmenes, Batáns de Mosquetín e outros atractivos xa que “Vimianzo ten 14 parroquias e todas elas, todas, teñen o seu encanto”.

Anunciou que o seu goberno está “estudiando facer miradoiros noutros dous puntos”. Orbellido- Baíñas e os propios Penedos son zonas candidatas.

“Non hai secreto, hai un equipo”

Preguntada polo secreto do éxito de obter 10 dos 13 concelleiros nas últimas eleccións explicou que “A nosa ilusión e o noso compromiso é poder mellorar Vimianzo. É a nosa meta todos os días”.

E o secreto? “O primeiro é o equipo. E o meu veu acompañándome desde 2011. E iso éncheme de emoción. Non hai secreto, hai un proxecto de equipo, entrega e querer a Vimianzo”.

Unha alcaldesa que recibe apoios máis alá do seu espectro ideolóxico:”Eu son de persoas.Estou moi orgullosa das miñas siglas do Partido Socialista. Crieime con estas siglas. Pero é fundamental o diálogo e o bo entendemento e eu non miro as siglas. A miña prioridade é Vimianzo e despois Vimianzo e os vimianceses sexan da cor que sexan”.

Mirando ao futuro

Mónica Rodríguez lembrou tempos superados de “convulsión, confrontación e persecución” e a pesar de que levouse “sorpresas” desde a súa chegada ao concello “teño presente o que prometín no ano 2019, presente e futuro, que é o que quere Vimianzo”.

Falou da impotencia que sente cos procedementos administrativos e da dilación das obras e actuacións: “Pois a verdade que eu sufro moitísimo”.

O alcalde de Santa Comba e a estrada de Coristanco

Referiuse a súa experiencia como deputada provincial e puxo como exemplo a insistencia do alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, cunha mellora que recoñece que é moi necesaria e na que a Deputación está traballando, a comunicación entre Santa Comba e Coristanco.

“Teño unha chamada ou un whatsapp cada semana do alcalde preguntando por esta estrada” dixo a deputada de Vías que confirmou que a entidade provincial está traballando nas alternativas e dará unha solución.


Proxectos en Vimianzo

Rodríguez destacou que ten o compromiso da Xunta de Galicia dun “bulevar na entrada de Vimianzo”.

E ten moitas prioridades como continuar mellorando a rede viaria. “Agora mesmo estamos licitando máis de 600.000 euros en obras”. E vaise a comezar co proxecto da Braña da Grixa, a primeira gase da humanización da Rúa Castelao, e “aínda que temos cuberto o 100% do abastecemento, hai núcleos sen alcantarillado”.

Pero hai máis prioridades: “Na programación cultural, queremos seguir sendo un referente no noso auditorio, no orzamento do 2025, dúas cousas importantes en relación ao turismo e ao patrimonio”.

Continuar coas escavacións no Castro das Barreiras, mellora dos camiños rurais e outra das cuestións que figuran na folla de ruta do executivo socialista.

Entre as preocupacións están servizos sociais. Non teñen lista de agarda pero xunto co canon de Sogama causan un forte impacto nas arcas municipais.

Son temas que tratou Mónica Rodríguez Ordóñez nesta entrevista que podes escoitar desde o minuto 20 deste audio.

Entrevista a Mónica Rodríguez en Radio Xallas

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos