Morren miles de polos nun incendio nunha explotación de Vilar de Céltigos

Uns trinta mil polos puideron perder a vida como consecuencia dun lume que queimou a instalación eléctrica e o illante dunha explotación avícola de Vilar de Céltigos, na parroquia de San Xoán de Grixoa en Santa Comba, segundo informaron os equipos de emerxencias.

Desde o 112 Galicia informaron que esta madrugada unha das dúas persoas que se atopaban nas instalacións explicou que estaba a arder unha nave de polos en Vilar de Céltigos.Non houbo danos persoais nin as lapas chegaron a unha vivenda e a uns depósitos de propano que estaban preto.

Contra as 6 horas, os servizos de emerxencias confirmaron que o incendio estaba controlado, e procederon coas tarefas de refrixeración da zona afectada: ardeu a instalación eléctrica por completo e os trinta mil polos desta explotación avícola.

No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061 de modo preventivo, os Bombeiros de Cee, os GES de Ponteceso, Brión e Noia, a Garda Civil e o Servizo Municipal de Protección Civil de Santa Comba, así coma o persoal do distrito forestal da zona.

FOTO- TVG

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos