2.5 C
Santa Comba
viernes, enero 17, 2025

Demandan unha circunscrición electoral para a emigración

Dous xalleiros lideran esta proposta que leva anos sobre a mesa.

O responsable do BNG en Suíza, Xosé Abelenda, defendeu en Radio Xallas a necesidade dunha circunscrición electoral para os residentes no exterior:

“Pensamos que é algo positivo porque xa se viu que funcionaba noutros países, e está claro que nos queremos estar mellor representados. Temos unhas demandas, unhas cousas moi particulares na emigración”. Sinalou Abelenda.

Precisou este veciño de Grixoa de Esternande que “ cando falamos de emigración, non só falamos dos que estamos aínda residindo no exterior, tamén falamos daqueles que xa retornaron en moitas veces vense confrontados ca dura realidade do retorno”.

Asegura que intensificarán o esforzo con esta proposta “e seguiremos traballando e tamén reformulando xa que as veces, hai que explicar ben as cousas para que se entenda”.

Entrevista a Xosé Abelenda desde o minuto 68

Na Asemblea do BNG

Na recente asemblea do BNG, outro xalleiro, veterano sindicalista e candidato ao Senado nas últimas eleccións, Xesús Gómez Antelo, defendeu unha emenda neste senso.

“A emigración existe e é unha sangría para a nosa xuventude. Pedimos teña unha circunscrición electoral propia. A emigración de hoxe non quere dar lástima, quere participar nas decisións políticas”

A proposta non foi aprobada na asemblea nacionalista, pero está claro que a loita non fixo máis que comezar.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos