A actual portavoz nacional do BNG, Ana Pontón Mondelo, foi reelexida na XVIII Asemblea Nacional, obtendo o 84,14% dos votos.
A súa candidatura sumou 16 dos 19 representantes na Executiva Nacional. A candidatura “O BNG en Movemento” encabezada por Noa Presas, acadou o 12,35% dos sufraxios e 2 representantes na executiva mentres que o colectivo Alicerce, tivo un 3,51% de apoios e contará co candidato Gustavo Barcia no citado órgano de dirección.
“Aquí e agora o máis revolucionario que podemos facer polo País é gobernar, converter os soños en realidades e aínda que hai oitos anos ese soño era impensable hoxe témolo ao alcance da nosa man grazas a vós” manifestou Ana Pontón no acto de clausura.
Afirmou que desta asemblea sae “un BNG máis forte” que ten a “responsabilidade histórica” de “de acabar co réxime absolutista do PP”.
Pola súa banda, despois do cónclave a deputada Noa Presas indicou “Comezamos un período esixente, reforzar o Bloque para revitalizar o asemblearismo, gañar espazos sociais, crear máis conciencia nacional e desputar a hexemonía do PP”.