11.3 C
Santa Comba
lunes, noviembre 25, 2024

Máis de 600 incidencias deixa Bert ata o serán deste domingo

Desde onte e ata as cinco desta tarde de domingo, as intervencións dos recursos de emerxencias creceron exponencialmente.


O saldo supera as 600 incidencias (668) e a caída de árbores continúa sendo a tipoloxía máis repetidas das últimas horas. 


Precisamente, a caída de vexetación e mesmo de obxectos e restos de estruturas está conducionando a circulación e aumenta os riscos nas rúas. Por iso, reiteramos a necesidade de adoptar medidas de autoprotección, como retirar quitar das xanelas e balcóns calquera elemento que puida caer e comprometer a seguridade dos bens e das persoas. 


De feito, esta tarde o 112 Galicia rexistrou algunas incidencias neste sentido, como a caída de macetas sobre un vehículo na Coruña e mesmo unha árbore, ou unha xanela sobre un sinal de tráfico en Neda, ou taboleiros dunha obra en Pontevedra, ou un muro sobre unha estrada, que chegou a afectar tamén ao firme.


Por outra banda, o Aeroporto de Santiago avisou dunha incidencia nun voo Madrid-Coruña, que foi desviado a Santiago, e parecía ter dificultades na aterraxe. Sen embargo, a manobra puido realizarse sen complicacións e toda a pasaxe, 178 pasaxeiros e 7 de tripulación, atópanse ben. 


Do mesmo xeito que a caída de árbores, vexetación e mobiliario urbano está a ser unha constante, as intervencións dos equipos de emerxencias para evitar situacións de perigo tamén. Co efecto do vento, moitas partes de estruturas, tellados, etc quedan inestables e constitúen un risco potencial. Estas accións ascenderon a 175 neste período.
Igualmente, a caída de cables e postes suman 64 e producíronse 33 derrubamentos de estruturas.


Por provincias, A Coruña contabilizou 381 incidencias, Pontevedra 186, Lugo 65 e Ourense 30. Se atendemos aos concellos que máis intervencións rexistraron foron, na Coruña, A Coruña 69, Carballo 30, Santiago 26, A Laracha 19, Arteixo 15, Noia 10; en Pontevedra, Vigo 53, Vilagarcía de Arousa 22, A Estrada 13; en Lugo, Quiroga 11, Lugo 8, Foz 3; e, en Ourense, Ourense 4, San Cibrao das Viñas 3, Pereiro de Aguiar 3.

Información AXEGA 112

FOTO- CONSORCIO PROVINCIAL- Bombeiros retiraron unha estrutura metálica en Roo- Outes

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,340SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos