José Antonio Fariña: ”Parece que estou traballando para manter a fauna salvaxe”

Novo ataque dos lobos a mesma explotación de San Xoán de Grixoa en Santa Comba. En dous meses, tres vacas mortas e agora unha ovella.

Desde Radio Xallas, o gandeiro José Antonio Fariña expresaba a súa “frustración” mentres contemplaba o esqueleto da ovella: “Hoxe volveu a comer o que quedaba”.

«Aquí ninguén toma medidas»

Unha situación complexa: “Vives co medo no corpo, non lle ves sentido o que pasa xa que parece que estou traballando para manter a fauna salvaxe”.

“Aquí ninguén toma medidas nin tratan de buscar unha solución, temos que buscala os gandeiros”.Fariña ten avistado varios lobos en distintas ocasións e de diferentes características. “Penso que hai motos, e non deben ter comida suficiente no monte e van onde hai e andan cerca das casas”.

En datas diferentes observou exemplares de distintos tamaños pero un deles moi grande: “Era como un mastín pero non estaba gordo, pero o bicho daba respecto”.

«Haberá que sacrificar algún lobo ou levalos para outra zona»

Perden os animais e a súa produción. Critica o sistema de axudas aínda que explica que esa non é a solución:

“O que quero é que busquen solucións. Ou deixar de traballar, porque o mellor o que queren conseguir é que abandonemos as explotacións”.

O gandeiro xalleiro opina que algo hai que facer: “Haberá que sacrificar algúns lobos ou levalos para algunha zona onde haxa menos”.

José Antonio Fariña en Radio Xallas- Desde o minuto 30

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos