O concello de Santa Comba anuncia medidas no SAF

O Concello de Santa Comba anuncia “o establecemento de quendas que respecten a xornada laboral” no Servizo de Axuda no Fogar.

Informan que trasladaron unha proposta “para a retribución das horas extra, o tempo dos recoñecementos médicos, horario de verán, fins de semana e festivos” que implicaría “un gran esforzo económico para o municipio”.

Aseguran que a “firme vontade de acadar acordos” do goberno local que permitan manter “a calidade e funcionalidade do servizo” chocou coa “constante confrontación e a negativa a chegar a pactos” nas reunións mantidas “tanto en xuntanzas informais coma en mesas de negociación coas diferentes centrais sindicais”.

Con esta situación o concello “vese forzado a tomar medidas para intentar mellorar unha situación xa enquistada respecto do Servicio de Axuda de Fogar”.O SAF de Santa Comba conta con preto dun cento de usuarios.

Estefanía Calvelo e o alcalde Alberto Romar

Financiamento do servizo

A través dun comunicado de prensa, desde o goberno local xalleiro lembran que solicitaron unha reunión coa Xunta de Galicia para “ abordar as problemáticas, así como para que revise a súas achegas e financiamento”.

A concelleira de Servizos Sociais, Estefanía Calvelo, tamén fai fincapé na necesidade de que dende as institucións autonómicas e estatais se cumpra o previsto na Lei de Dependencia para que o 100% do custo do SAF sexa asumido pola Xunta e polo Ministerio tal e como defende a FEGAMP, “xa que é inviable que os concellos sigan asumindo competencias impropias que afogan economicamente e hipotecan as administracións locais incrementando o capítulo de persoal por enriba do 50% nos orzamentos”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos