O Concello vén de concluír as obras de renovación da envolvente exterior da antiga escola unitaria de Traba.
A actuación consistiu na reparación e mellora das condicións da fachada do edificio, xa que na actualidade presentaba un deterioro avanzado e diferentes desperfectos provocados polo paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas.
Deste xeito, os traballos, subvencionados cunha liña de axudas da Dirección Xeral da Administración Local, incluíron a substitución da carpintería exterior do inmoble e a instalación do sistema SATE, co obxectivo de mellorar as súas propiedades técnicas. Por último, procedeuse ao pintado da fachada e do tellado.
Desde o Concello aseguran que se está a estudar o próximo uso que se lle vai dar á antiga escola unitaria, xa que tivo que pechar por falta de alumnado. Neste sentido, o obxectivo é que “sexa un uso social e que sexan os veciños e veciñas os que poidan gozar dela sempre que así o desexen”.
Nota de prensa do Concello de Laxe