15.3 C
Santa Comba
viernes, octubre 31, 2025

Rafael Lema: “Os Peregrinos que viñan da Costa da Morte pasaban por Santa Comba”

O escritor Rafael Lema reivindicou a conexión xacobea de Santa Comba e “todo o patrimonio, toda a historia e todos estes camiños antigos que pasaban por Santa Comba”.

«A Terra de Xallas conta con catro Camiños de Santiago. Un recoñecido pola Xunta que pasa por Fontecada e hai tres neocamiños, un que vai de Santiago a Fisterra e Muxía por Brandomil, está a Vía Céltica e o vello Camiño Inglés que é a principal novidade”.

Nunha entrevista en Radio Xallas sinalou diferentes referencias que “que falan deste vencello das Terras de Xallas coa Vía Céltica, neste caso con Compostela e co Camiño de Santiago”.

Entrevista en Radio Xallas- Desde o minuto 30

Citou o Hospital de Peregrinos de Carboeiro, sobre o que o propio investigador publicou unha reportaxe neste xornal, A Igrexa de San Pedro de Xallas de Castriz, o templo románico de Freixeiro ou a capela de Rubín.

Novidades Xacobeas

Nas novidades xacobeas referiuse a aprobación dun novo neocamiño que tamén afecta a Xurisdición de Xallas: “É un camiño que une a Coruña con Santiago, pero máis polo interior do actual Camiño Inglés”.


Informou ademais sobre “o avance do protocolo para os neocamiños. Hai un estudio encargado pola Xunta para atender estas reclamacións destes neocamiños que queren ser camiños xacobeos”.


Con respecto a Vía Céltica, Lema explica que “os promotores pensan que están en condicións de cumprir, aínda que están atentos a que este manual se acabe”.


Potenciación da Vía Céltica


Con respecto a esta vía opina que “está collendo impulso, a través de varios concellos da Costa da Morte que están envíando peregrinos, a través de touroperadores, das entidades, sobre todo de Santa Comba, que foron así impulsoras desta Vía Céltica”.


No programa “Na Encrucillada” insistiu que “isto é un camiño de peregrinos que viñan aos portos da Costa da Morte atravesando a Terra de Xallas”. Unha comarca conectada: “Os peregrinos que viñan da Ría de Camariñas e de Muxía ian si ou si pola Terra de Xallas cara a Santiago”.


Engadiu que a chamada Vía Céltica “é un camiño que vincula os vellos camiños de Arrieiros”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos