17.5 C
Santa Comba
miércoles, octubre 2, 2024

Iago Toba reta á oposición a que explique o acordo de goberno

O probable sucesor de Iago Toba é o independente Javier Sar Romero e confirmaba en Radio Xallas que “ata o 7 de outubro non darei a coñecer o meu goberno”.

Polo tanto as posibilidades de que teña éxito o chamamento do actual mandatario teñen nulas posibilidades de prosperar, pero son un movemento máis nesta partida de xadrez.

Días de silencio por parte de Iago Toba e agora cascada de declaracións de dirixentes socialistas e do propio rexedor.

“Se non o fan de forma inmediata, está claro que teñen cousas que agochar que poden poñer en risco a viabilidade da operación” declara Toba.

«Teñen moito que agochar»

O líder do PSOE local denuncia falta de claridade no PP, Independentes e BNG:

“Falan de transparencia pero está claro que teñen moito que agochar, os veciños e veciñas de Muxía merecen saber como será o goberno que sairá da moción, quen levará cada área ou como repartirán as dedicacións”.

Para Iago Toba ““Se non fan público o acordo, está claro que queren evitar a reacción da rúa, saben que a veciñanza non acepta a moción”.

“Estará o BNG no goberno? Que levará o PP? Haberá un grupo de goberno enmans de dous concelleiros indepedendentes? Demasiadas preguntas sen contestar, un engano a todo o Concello de Muxía”, lamenta o actual mandatario.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos