Accidente de tráfico con dous coches implicados e feridos en Santa Comba.
Os bombeiros provinciais de Santa Comba interviron, nas últimas horas, nun accidente acontecido na AC-400 á altura do punto quilométrico 44.5.
Segundo informaron desde o Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, no accidente estiveron involucrados dous turismos, un BNW e un Renault, que circulaban en sentidos diferentes.
O condutor do BMW resultou ileso mentres que os ocupantes dun Renault Clio tiveron que ser trasladados ao Hospital da Rosaleda pola ambulancia do 061 de Santa Comba.
Os Bombeiros procederon á desconexión de motores e sistema eléctrico dos vehículos, sinalización do sinistro, iluminación da zona e finalmente ao baldeo do pavimento afectado polos restos do accidente, deixando o tramo afectado óptimo para a súa utilización con seguridade. No operativo participou tamén o 061 e a Garda Civil de Tráfico.