Para o alcalde de Muxía, o abandono do pleno por parte da oposición é un xesto “fácil e de covardes, sabendo que teñen a votación perdida pola falta dunha concelleira do PP e que non poden facer o que fan habitualmente que é obstaculizar obras, restar propostas e impedir un desenvolvemento normal do Concello”.
Iago Toba pediulle a PP, IxM e BNG que “cambien de actitude e se dediquen a sumar e non a restarlle propostas á veciñanza”.
Pola súa banda, desde o goberno local, indican que responden ás críticas con investimentos e anuncian a posta en marcha de actuacións por valor de 230.000 euros.
Sinalan que nesta relación está a mellora de vías en Touriñán, o reacondicionamento da vía de Vilela a Nemiña Praia ou a o aglomerado da estrada que une Alberguería con Os Castelos. E tamén fan referencia a mellora da vía entre Quintáns e Lago.