12 C
Santa Comba
sábado, abril 26, 2025

Alberto Romar: ”Queremos saber se a Xunta vai investir na estrada de Santiago”

O alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, solicitou hai meses unha reunión coa Xunta de Galicia para que expliquen as súas intencións sobre a conexión da capital xalleira con Santiago.

O mandatario insistirá para manter un encontro “conxunto” co presidente da asociación de Empresarios, Diego Vilas e o goberno autonómico.

“Queremos saber se a Xunta vai investir si ou non nesta estrada, que o digan” declarou o rexedor en Radio Xallas.

Sobre a eterna promesa da comunicación con Portomouro imos a manifestar as nosas reivindicacións. Somos conscientes de que non imos ter unha autopista pero pedimos melloras no tempo de desprazamento e na seguridade da vía” apuntou.

Entrevista en Radio Xallas

Destacou o “compromiso” da Deputación para mellorar a estrada de Coristanco, e na mesma liña de realismo da petición anterior agarda que se faga un proxecto en varias fases “e que nesta lexislatura de acurten unha ou dúas curvas”.

Alberto Romar puxo en labor o traballo deste primeiro ano de mandato onde “presentamos 105 medidas e xa levamos cumprido parte do noso proxecto político”.

En canto ás prioridades actuais sinalou que están traballando na modernización de ordenanzas e de aquí a finais de ano estarán en marcha investimentos por valor de 1,5 millón de euros en “aglomerados, pistas, camiños e actuacións en diferentes parroquias”, con axudas da Xunta e Deputación.

Entrevista en Radio Xallas- Desde o minuto 20

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos