Obxectivo cumprido: A orquestra Panorama actuará en Carantoña

A comisión de Festas de Carantoña, no concello de Vimianzo, logrou o obxectivo de contratar a Orquestra Panorama para esta parroquia vimiancesa.

“Para nós a Panorama era un reto moi grande, case imposible, pero con traballo duro todo se pode conseguir” afirman desde a comisión que engaden que todas as formación que están no cartel “merecen a pena”.

Pero había gañas de poder contar con esta gran referencia da verbena galega e española. A xira da Panorama recala este ano en Carantoña o sábado 3 de agosto.

Alí estará o septeto de vocalistas formado por Fátima Pego, María Jordán, Aroxa Ruana, Lito Garrido, Mario Álvarez, Cibrán Insua e Diego Moreira. Isto xunto con un corpo de baile con seis profesionais e dez músicos.

Churrascada, Saudade e DJ Rokiño

O xoves 1 comezaran as festas cunha churrascada desde as 20:30h, con música da orquestra Saudade e sesión de DJ Rokiño.

Fussión e Mega CDC

O venres 2 de agosto, misa na honra a Virxe do Carme (13:00h), sesión vermú co grupo Fussion e verbena con Fussion e a discoteca móbil MEGA CDC.

Eureka, Full e Panorama

E o sábado 3 misa na honra a Virxe da Xunqueira (13:00h),sesión vermú con Eureka e verbena con Eureka, a disco Full e a Orquestra Panorama.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos