Así se recolle nesta información difundida por Emerxencias de Galicia-Axega 112.
Unha traballadora sofre lesións graves nun brazo a causa dun accidente nunha conserveira de Carnota.
De feito, foi trasladada en helicóptero medicalizado ata o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago despois de recibir os primeiros coidados no mesmo lugar do accidente.
Segundo a información recollida no 112 Galicia, todo ocorreu apenas uns minutos máis tarde das oito da tarde de onte nunha conserveira do lugar de Freán, en Carnota. Unha máquina atrapou o brazo da operaria e, malia que foi liberada rapidamente coa axuda dos compañeiros e compañeiras, as lesión provocadas no brazo son graves. Mesmo con probabilidade de amputación da man.
Deste xeito, a muller foi asistida e posteriormente trasladada por un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo do helicóptero.
Tamén foron avisados os membros do GES de Muros e os axentes da Garda Civil. Con todo, cando o equipo de rescate chegou ao punto da emerxencia, a muller tiña o brazo liberado.

