20.8 C
Santa Comba
sábado, julio 13, 2024

O PP reivindica o feminismo transformador que representan as súas alcaldesas e concelleiras

Alfonso Rueda enxalzou o traballo das das 700 concelleiras e 28 alcaldesas do Partido Popular en Galicia que representan “o feminismo transformador que constrúe unha sociedade cada vez máis xusta, equitativa, solidaria e diversa”.

«Igualdade de verdade»


Rueda lanzou unha mensaxe: “Demostremos que cremos na igualdade de verdade. Non nun concepto baleiro que algúns intentan manosear sen levalo a ningunha parte. A igualdade ten que ser un obxectivo que se acade con esforzo, con traballo diario e con políticas reais, concretas e útiles”.


E referiuse ao traballo do goberno galego. como o feito de que hoxe en Galicia haxa máis de 540.000 mulleres traballando (case 60.000 máis que en 2009), que a nosa Comunidade fose pioneira na aprobación da Lei de Igualdade de Galicia que “blinda os dereitos das mulleres en todos os ámbitos da sociedade” ou que nunca antes como este ano se destinase tanto orzamento –935 millóns de euros– ao Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades 2022-2027 .


“O orzamento do Goberno galego na área de Igualdade non serviría de nada se detrás non houbese convencemento, ganas de facer as cousas ben e eficacia na implantación de medidas. Pero, aínda así, debemos reivindicar que destinamos 180,5 millóns de euros á igualdade, a loita contra violencia de xénero e a conciliación”, remarcou.
A intervención do Presidente do PpdeG enmarcouse nun acto celebrado en Santiago de Compostela.

Mesa redonda e clausura con Paula Prado


Logo da inauguración por parte de Alfonso Rueda, as asistentes recibiron unha formación en oratoria a cargo do experto Adrián Lijó.


Tamén houbo unha mesa redonda denominada ‘Conseguímolo Xuntas’, moderada pola portavoz do PP de Lugo, Elena Candia. E na que participaron María del Carmen Pieltain (concelleira en Ferrol), María Ángeles Rodríguez Rico (concelleira en Mondoñedo), Elvira Torres González (concelleira no Carballiño), e Teresa Veloso Castaño (concelleira no Porriño).

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, foi a encargada de clausurar este acto co que os populares galegos quixeron celebrar os seus éxitos electorais reivindicando a contribución das agrupacións locais da man das súas alcaldesas e concelleiras en toda Galicia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos