“6o anos de loita polo socialismo e a soberanía da Galiza”, lema do XVI Congreso da UPG
A Unión do Povo Galego (UPG) convocou o seu Congreso para o vindeiro 7 de xullo co lema “6o anos de loita polo socialismo e a soberanía da Galiza”.
A organización integrada no BNG celebrará o cónclave no Auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
“Para unha organización revolucionaria como a Unión do Povo Galego cumprir 60 anos de traballo ininterrumpido a prol da transformación social da Galiza e da súa independencia nacional non só é un motivo de orgullo para o conxunto da súa militancia, se non tamén que pensamos, modestamente, que é un fito histórico para a nosa nación” aseguran desde a UPG Estas decisións foron adoptadas polo Comité Central.

Unión da Mocidade Galega
Este mes de maio celebrou o seu Congreso a organización xuvenil da UPG, a UMG que escolleu como novo secretario xeral a Iago Suárez, veciño de Chantada, membro da Permanente de Galiza Nova e deputado do BNG no Parlamento Galego.


