Piden a refundación do PSdeG para deixar de ser “unha mera franquía do PSOE”

Un grupo de militantes socialistas integrados no colectivo Arestora piden a Xosé Ramón Gómez Besteiro que se abra unha nova etapa de redefinición e refundación

Coincindo co Congreso Nacional Extraordinario presentan un documento titulado ‘Apuntamentos para un debate sobre o presente e futuro do PsdeG-PSOE’ para que se abra un debate que consideran necesario.

Marisol Soneira, Jano Leis, Alonso Pumar e Pichurri

Entre os promotores do documento están a alcaldesa de Maceda, Uxía Oviedo, e ex-deputada autonómica, Marisol Soneira, os ex-alcaldes de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León «Pichurri» e de Cariño, José Miguel Alonso Pumar, o ex-secretario de organización, Jano Leis, ou Juan Carlos Canosa, Jorge Campaña, e Esther Fontán.

A proposta pasa por conseguir unha maior autonomía propia mediante o galeguismo progresista europeísta que se diferencie “do rexionalismo estético conservador e das estratexias soberanistas nacionalistas”. Agardan que o seu documento sexa atendido “con sensibilidade”.

Nas súas reflexións apuntan que non se trata dunha “crise puntual” senón que estamos diante de “profundas causas estruturais”

Un proxecto de país

«O PSdeG non é percibido pola sociedade galega como un partido galego: só mera franquía do PSOE» manifestan.

Lamentan o “cainismo recorrente” e a “imaxe de barullo interno, de partido non fiable”, e advirten dos riscos do “municipalismo castrexo imperante”, que obstaculiza un proxecto de país.

Propoñen un debate político interno, un laboratorio de ideas, consolidar a figura do líder cunha “executiva galega con criterios políticos, operativos e funcionais.

Tamén piden que se retome a estrutura comarcal do partido, e o Comité Nacional Galego como órgano de dirección política e de principal espazo de debate

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos