Crónica de Rafa Pérez para Adiante Galicia
Un ano máis España convérteuse na capital mundial do turismo gracias a Fitur. Nesta veterana feira de turismo (vai pola súa 44 edición) congregáronse 152 países e máis de 9.000 empresas para conseguir crecer nese gran xigante económico que é o turismo (o turismo aportou á economía mundial 7,4 billóns de dólares).
E non é nada fácil destacar nunha feira que ten na innovación un dos seus mantras. O que máis me chamou a atención foi ver os expositores de Fitur Sports dentro dunha pista de pádel, unha tirolina de Puerto Rico no patio central de IFEMA ou a posibilidade de durmir nunha suite dentro dun dos pavillóns.


Ecuador e México en FITUR
En canto aos stand internacionais, destacamos a Ecuador, partner desta edición que tiña a complicada tarefa de volver a atraer turistas despois das revoltas armadas como a toma dunha televisión en directo; e México, que será o socio principal da edición de 2025 e que xa este ano mostrou un gran despliegue.
Con respecto ao panorama nacional, Madrid foi elixido como mellor stand (unha decisión incomprensible según o meu punto de vista); Navarra, Aragón e a Rioxa agradaron co seu montaxe e as súas actividades; e Galicia consolidouse como un dos referentes en canto a deseño do estand.
Estivemos en directo nas presentacións de Terras de Santiago e da Costa da Morte, con grandes vídeos que mostraron algúns dos potenciais destes xeodestinos (os ríos e Destino Starlight respectivamente).
En total pasaron por Fitur 153.00 persoas nos días profesionais (mércores, xoves e venres), superando as previsións e contando con 100.000 persoas máis para o fin de semana.



