Segundo informou AXEGA 112, ocorreu no quilómetro 83 da AC-400, á altura da parroquia de Coiro, e o GES de Muros encargouse das tarefas de excarceración.
Eran as 19 horas deste mércores cando un particular contactou co 112 Galicia e explicou que o único ocupante do vehículo era incapaz de saír ao exterior.
Entón, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Muros, da Garda Civil de Tráfico, dos voluntarios de Protección Civil de Mazaricos e dos operarios de mantemento da estrada.
Cómpre sinalar que a vía permaneceu cortada en ambos sentidos mentres duraron os traballos dos servizos de emerxencias.
FOTO-GES MUROS

