15.4 C
Santa Comba
sábado, noviembre 2, 2024

Convocan unha manifestación “En defensa do noso Mar”

Para o vindeiro domingo 21 de xaneiro distintos colectivos “do sector do mar das rías de Arousa e Muros-Noia xunto con entidades ecoloxistas” convocaron unha manifestación “En Defensa do noso mar” en Santiago de Compostela. (12h Alameda-Porta Faxeira).

“Fronte a situación creada pola chegada masiva de materiais plásticos ás costas galegas e diante dos potenciais riscos para a saúde, o medio ambiente e os recursos pesqueiros, os colectivos asinantes queremos en primeiro lugar denunciar a tardanza e o desleixo das administracións en facer fronte a esta ameaza” sinalan mediante unha nota difundida pola asociación ADEGA.

Reclaman á Xunta e ao Goberno español unha mínima coordenación para facer fronte ás consecuencias desta vertedura e unha maior transparencia na información”

Piden que a Xunta publique un plano urxente cos seguintes puntos:

  1. Estudo interdisciplinar, independente e integral.
  2. Plan de rexeneración dotado economicamente.
  3. Regulación e publicidade do protocolo de desencoros.
  4. Cobertura a TODO o sector do mar mentres se manteña o cese de actividade.
  5. Un plano de actuación contra as verteduras ao mar e aos ríos.
  6. Control sanitario das importacións de marisco.

FOTO Fátima Frieiro, Diario de Arousa

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos