FELIZ 2024 e Adiante Galicia !!!

Queremos agradecer todo o teu apoio e desexar que neste 2024 se cumpran todos os teus soños e proxectos. Que non falte a saúde e que as estrelas da felicidade iluminen o teu camiño.

GRAZAS por cada noticia que les, por cada artigo que compartes nas redes sociais, por todas as mensaxes de apoio e polas túas informacións. Sen ti este proxecto nado fai máis de oito anos non sería posible.

Adiante Galicia é un referente indiscutible en Xallas, Costa da Morte, Barcala, Terras de Compostela, e unha parte importante da provincia coruñesa.

ESTAS FORON AS NOTICIAS MÁIS LIDAS EN ADIANTE GALICIA

Pero tamén con incidencia nas catro provincias galegas e con miles de seguidores habituais por todo o territorio español. E seguidores en diferentes países do mundo como Arxentina, Suíza, Estados Unidos, Francia, México, Brasil ou Inglaterra.

Plataforma de contidos

Adiante Galicia é o buque insignia do noso grupo de comunicación co diario de información Crónica Marítima consolidándose día a día, con Lobos de Metal como referencia no mundo do heavy-metal coa canle de Youtube Adiante TV, con máis de medio milleiro de vídeos e 1.200 subscritores.

Esperamos seguir contando co teu apoio e confianza durante este 2024.

Estes foron os vídeos de Adiante TV- Youtube máis vistos en 2023- ENLACE

FELIZ 2024 AMIG@S

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos