2.4 C
Santa Comba
viernes, diciembre 13, 2024

“Moitos debates do Parlamento empezan a soar a despedida”

A deputada autonómica, Iria Carreira(BNG), ten a impresión de que “a lexislatura esgotarase co ano”, e ten “esa sensación polos debates que se están dando e que en moitos casos empezan a soar a despedida”.

Así o comentou nunha entrevista en Radio Xallas na que explicou as emendas do seu grupo referentes a Santa Comba, relacionadas coa necesidade de efectuar melloras no Centro de Saúde, no CEIP Barrié de la Maza ou na vía de comunicación de Santa Comba a capital de Galicia.

A deputada nacionalista tamén se referiu á problemática eólica e ó sector agrogandeiro entre outras cuestións.

Estivo acompañada polo responsable local do BNG, Juan David Sixto, que afirmou que o BNG estaba traballando e sobre o novo goberno do PSOE sinalou que “houbo cousas que se fixeron, parece que esta xente ten gañas de traballar pero non e difícil que se vexan cousas cando non se fixo nada”.

Quere agardar a ver os orzamentos e avanzou que o BNG fará o seu traballo desde a oposición, criticando a falta de actividade do PP nese campo.

Pola súa banda, Iria Carreira censurou ao goberno autonómico: ”Na Xunta de Galicia vemos un goberno que se vai acabado, vai esmorecendo, cun proxecto que peca de repetitivo e que non se centra no importante como é reforzar os servizos públicos do noso país”.

ENTREVISTA A PARTIR DO MINUTO 60

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos