12.6 C
Santa Comba
lunes, enero 20, 2025

Dúas persoas sofren queimaduras tras unha deflagración en Lira

Dúas persoas sufriron queimaduras tras unha deflagración por gasolina mentres manipulaban unha rozadoira en Carnota. Información AXEGA 112



As dúas persoas foron evacuadas ao Hospital Virxe da Xunqueira, en Cee, tras sufrir queimaduras graves. O GES de Muros rescatou á unha delas, que se refuxiou do lume nunha das habitacións superiores, namentres que a outra conseguiu saír da vivenda coa axuda dun veciño.

Faltaban quince minutos para as 21 horas do luns cando un particular informou dun incendio nunha casa situada na parroquia de Lira, en Carnota. Este mesmo alertador confirmaba que no interior había dúas persoas.

Decontado, os xestores do 112 Galicia solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Cee, do GES de Muros, da Garda Civil, da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cee.

Á súa chegada, e tras valorar a situación, os servizos de emerxencias comprobaron que un veciño conseguira sacar a unha das persoas afectadas. Non obstante, no interior da casa quedaba unha muller, á que os membros do GES procederon a rescatar rapidamente.

Unha vez estiveron ambos implicados atendidos polo persoal sanitario, os organismos que interviñeron comunicaron ao 112 Galicia que estes sufriron queimaduras debido a unha deflagración por gasolina froito da manipulación dunha rozadoira.

O lume resultante afectou á entrada da casa e á habitación na que se refuxiou unha das persoas, e o GES de Muros encargouse de atallar as lapas.

foto-ges muros

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos