2.5 C
Santa Comba
jueves, enero 16, 2025

Luz verde á nova Lei da Calidade Alimentaria

O Consello da Xunta deu luz verde a nova Lei da Calidade Alimentaria que agora deberá sera aprobada definitivamente polo Parlamento de Galicia.

O Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que esta nova lei “garantirá a xa alta excelencia dos produtos agroalimentarios galegos e mellorará a súa competitividade no mercado”.

A anterior Lei databa de 2005 e polo tanto era precisa unha actualización .

Galicia, comunidade pioneira en certificación de sustentabilidade

Entre as novas medidas que incorpora a nova lei, Rueda salientou a creación dun certificado de sustentabilidade, que acreditará que na elaboración do produto respectouse o medio ambiente, os dereitos dos traballadores ou que se pagou a materia prima a un prezo axeitado.

A inclusión será voluntaria pero os produtos que cumpran os requisitos contarán cun logo identificativo.

“Deste xeito, Galicia vai ser a primeira comunidade de España en contar cunha certificación de sustentabilidade para a produción alimentaria”, subliñou o Presidente da Xunta.

A Lei da Calidade Alimentaria quere impulsar a produción dentro das denominacións de orixe ou das indicación xeográficas protexidas; así como mellorar os consellos reguladores, o sistema de inspeccións, ou a creación dun Consello Alimentario de Galicia ou a Mesa da Calidade Alimentaria Diferenciada.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos