O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade a súa organización que contará con dez áreas, unha delas, a de Infraestruturas Viarias e Obras Provinciais, estará presidida pola alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez.
Soldos
Valentín González Formoso(PSOE) percibirá 80.000 euros brutos anuais (un 2.600 euros máis que no anterior mandato), e o vicepresidente Xosé Regueira (BNG) 72.369 euros (antes cobraba 68.171). Os deputados con dedicacións exclusivas terán unhas retribucións de 69.441,14 euros brutos ao ano.
O pleno aprobou un total de 17 dedicacións exclusivas, as mesmas que no anterior mandato (incluíndo as do presidente e o vicepresidente) por un importe bruto total de 1.193.986,85 euros anuais.
As indemnizacións por asistencia a pleno seguirán sendo de 591 euros, mentres que as das comisións informativas e Xunta de Goberno serán de 370 euros.O pleno aprobou tamén un total de 27 postos de persoal eventual.
Os portavoces son Evaristo Ben Otero (PP), Bernardo Fernández Piñeiro (PSOE), Avia Veira González (BNG) e Ángel García Seoane (AV).
E estas son as comisións e os seus responsables
Facenda, Recursos Humanos e Avance Dixital. José Ramón Rioboo Castro (PSOE)
Política Social, Educación e Mocidade: María del Mar García Vidal (PSOE). (Delegación especial en materia de Educación e Mocidade: Eudoxia María Neira Fernández (PSOE)
Sectores Produtivos: Mar e Medio Rural:Cristina Capelán Cancelo (PSOE)
Plans Provinciais e Asistencia a Municipios.Cristina García Rey (BNG)
Promoción Turística, Artesanía, Comercio e Cadea Agroalimentaria:Xosé Regueira Varela (BNG)
Infraestruturas Viarias e Obras Provinciais:Mónica Rodríguez Ordóñez (PSOE)
Cultura, Igualdade, Lingua e Dereitos Civís:Natividad de Jesús González Rodríguez (BNG).
(Delegación especial en materia de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís:María Soledad Agra Tuñas (BNG)
Contratación, Patrimonio e Equipamento.Xosé Penas Corral (BNG)
Industria, Empresa, Medio Ambiente, Emprego e Política Demográfica:Rosa Ana García López (PSOE)
Deportes. Antonio Leira Piñeiro(PSOE)