8.1 C
Santa Comba
martes, enero 14, 2025

O Parlamento de Galicia apoia o acceso gratuíto á sanidade para os emigrantes retornados

O Parlamento de Galicia aprobou unha proposición non de lei presentada polo BNG e defendida no pleno da cámara autonómica polo deputado Daniel Castro García “para mellorar a situación das e dos emigrantes galegos en Suíza”.

As propostas foron trasladadas desde o BNG na diáspora a través dos sindicalistas Xosé Abelenda e Xesús Gómez (agora candidato nacionalista ao Senado). Eran vellas demandas de colectivos de emigrantes retornados como “Maruxía”.

Das cinco propostas presentadas, o PP (con maioría absoluta) apoiou dúas delas despois dun acordo entre os grupos. Tamén contaron co respaldo do grupo socialista.

O acordo adoptado foi o seguinte

“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a levar a cabo as seguintes medidas para mellorar a situación da emigración galega na Suíza:

1.- Realizar os trámites necesarios para que a CRTVG emita a través das súas canles dixitais con cobertura internacional programación infantil e xuvenil en galego.

2,- Permitir o acceso gratuíto á nosa sanidade pública a aqueles galegos e galegas retornadas que non tivesen cotizado nin en Galicia nin en España».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos