14 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Demandan ao concello de Muros polas horas extras impagadas ó personal do GES

O Sindicato CNT anunciou a presentación dunha demanda contra o concello de Muros “pola comisión dunha práctica ilegal segundo a que o personal do GES estaría a realizar un gran número de horas extraordinarias que non son aboadas nin compensadas de ninguna maneira”.

Reclaman o pago de case tres mil horas extras durante os anos 2020, 2021 e 2022. A débeda acadaría os 180.000 euros e “esta debeda segue medrando día a día, pois o Concello continúa coa imposición destes horarios abusivos”.

Lembran que “esta demanda por centos de milleiros de euros xa fora retirada por parte dos traballadores do Ges tras un acordo co governo actual posteriormente incumplido, e a
día de hoxe nin siquera tivemos a primeira reunión co governo municipal actual”.

«A alcaldía non contestou»

Tamén acusan ao goberno que preside a popular Inés Monteagudo de “non renovar o material sanitario caducado nin os elementos de protección para afrontar os operativos que levan tempo caducados”.

Desde a CNT lamentase “ter que recorrer á vía xudicial para dar solución a un problema desde tipo, pero recórdase que a alcaldía non contestou as reclamacións previas que
procuraban arranxar o problema pola vía da negociación, de forma que a única alternativa é a xudicial”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos