9.5 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

O PP pensa que ten «unha boa oportunidade» de gobernar en Fisterra

O PP considera que ten “unha boa oportunidade” de recuperar a alcaldía de Fisterra. Para este obxectivo o presidente provincial, Diego Calvo, pediu “remar todos xuntos”.


Estivo na fin do mundo para apoiar a un candidato debutante e avisou:”Todo o que non sexa votar a Luís Insua o próximo 28 de maio é favorecer a que Fisterra conte cun Goberno Local de perdedores que non será capaz de xestionar o municipio. Que non vos enganen, aquí para que gañe o PP hai que votar ao PP”.


Neste acto, Ínsua manifestou:“Afronto o reto ca maior das ilusións, humildade e responsabilidade para devolver a Fisterra ao lugar que lle corresponde. Non podemos nin debemos conformarnos co que hai, o conformismo non é unha opción, estou aquí ca firme convicción de que as cousas poden facerse doutro xeito”.


O candidato popular explicou as súas prioridades:“Temos un proxecto claro de futuro para Fisterra. Formaremos un goberno municipal comprometido co benestar dos veciños, coa dotación de servizos públicos de calidade, que aposte polo desenvolvemento económico tendo como referencia os dous sectores máis representativos fisterráns: pesca e turismo”.

Visita a Cee


Con anterioridade, e acompañado polo secretario provincial Evaristo Ben, Diego Calvo visitou a localidade de Cee onde mantivo unha xuntanza cos clubes deportivos locais nas instalacións de San Paio de Refoxos, e onde apoiou as propostas do candidato Jesús Picallo.
Tamén conversou con operarios do GRUMIR e de Protección Civil.

A Conselleira de Emprego, en Ponteceso


E a Conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, desprazouse a Ponteceso para asinar un protocolo de colaboración coa asociación de empresarios local. Tamén mantivo un encontro con mulleres na asociación Monte Branco.


«Este vai ser o noso día a día, traer persoas ao noso Concello que axuden, como neste caso, aos nosos empresarios a encontrar solucións para seguir crecendo» manifestou o candidato popular na vila pondaliana, José Manuel Mato.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos