11.7 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Alfonso Rueda pide “maiorías absolutas para evitar gobernos de perdedores”

Na capital de Galicia o Partido Popular presentou os seus candidatos ás eleccións municipais, nun acto que xuntou a unha catro mil persoas e contou coa presenza do presidente naciona, Alberto Núñez Feijóo.


En representación dos 313 candidatos tomaron a palabra o candidato á alcaldía de Santiago, Borja Verea, e a candidata á alcaldía de Cambados. Tamén un dos candidatos máis veteranos, o alcalde de Xunqueira de Ambía desde hai 44 anos, José Luis Gavilanes; e a candidata máis nova, Nicole Grueira, aspirante á alcaldía de Pol.


“Somos o partido que máis se parece a Galicia a través dos nosos 313 candidatos e candidatas” afirmou Alfonso Rueda.


O líder dos populares galegos remarcou a necesidade de conseguir “maiorías absolutas para evitar gobernos de perdedores” porque “xa se sabe o que son os bipartitos, o que son os incumprimentos cando un ten outras prioridades que non son as dos seus veciños, o que son as divisións, as contradicións e as imposicións ideolóxicas”.


E engadiu: “As municipais hai que tomalas moi en serio porque somos un partido con responsabilidade. Son a oportunidade para seguir progresando onde xa se goberna e de mellorar nos concellos que necesitan un cambio”.

«E imos volver facelo»


Pola súa banda. Alberto Núñez Feijóo animou ós 313 candidatos cunha mensaxe de esperanza: “Ninguén sabe mellor ca vós que cando nos propoñemos iso, conseguímolo. E imos volver facelo neste ano Entre Todos”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos