7.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

Case un milleiro de incidencias motivadas polos efectos do temporal en Galicia


Informa AXEGA 112-

Desde o seu comezo, onte, 16 de xaneiro, o 112 Galicia vén de contabilizar un total de 916 incidencias.

Os tipoloxías máis repetidas segue a ser, con diferenza, a presenza de árbores e pólas sobre as estradas, aínda que se foron sumando progresivamente incidencias relacionadas con asolagamentos en rúas, estradas, vivendas, desprendementos e derrubamentos, así como, nas últimas horas, as relacionadas coa presenza de neve nas estradas.

Por provincias, a da Coruña foi a máis afectada cun total de 410 incidentes rexistrados, seguida a de Pontevedra con 229, a de Lugo con 219 e, por último, a de Ourense con 58 incidencias contabilizadas.

En canto ás incidencias rexistradas nas últimas horas, destacamos:

En Campañó, Pontevedra.- A Garda Civil de Tráfico informaba ao 112 Galicia dunha estrada afundida na súa totalidade. Indicaban que había un coche accidentado na EP-0017, punto quilométrico 0.600. A estrada estaba intransitable. Desde o 112 informouse á Deputación. Os Bombeiros foron informados pola Garda Civil.

O Porriño, ás 13:41 horas, os servizos sanitarios informaban ao 112 dun coche que chocara contra unha árbore e que caera na A-52, punto quilométrico 304, en Cans, dirección Crecente. A condutora e única ocupante non resultou ferida. A árbore atravesaba a estrada de lado a lado. Acudiron os axentes de Tráfico, da Policía Local, persoal de mantemento da vía, Bombeiros de Baixo Miño e Protección Civil. A árbore xa foi retirada.

En Bergondo, ás 16:00 horas, tres persoas foron liberadas do interior dun vehículo despois de chocar contra unha árbore na DP-0811, 202, na Campiñá, en Lubre, na entrada do pobo. As persoas resultaron ilesas pero tiveron que ser liberadas do interior do turismo polos Bombeiros de Betanzos.

Un particular alertaba ao 112 Galicia deste suceso. Indicaba que había persoas atrapadas dentro dun coche tras caer un piñeiro. Debido á caída da árbore, tamén resultou danado un poste de alumeado. Acudiron os Bombeiros de Betanzos, os servizos sanitarios de urxencia, Garda Civil de Tráfico, Policía Local, Protección Civil da localidade.

Actualización dos ríos que superaron o nivel de desbordamento
É importante sinalar que actualmente están por encima do seu nivel de desbordamento os ríos Ouro (Foz), Cobo (Cervo), Mera (Ortigueira), Eume-Ribeira (As Pontes) , Mandeo (Aranga e Betanzos), Mendo (Betanzos), Tambre (Oroso), Lerez (Pontevedra), Ladra (Vilalba, Begonte e Guitiriz), Miño (Lugo, Ourense), Avia (Ribadavia), Arnoia (Arnoia) e Sil (Barco de Valdeorras).

Segundo a información recibida mediante os sistemas de control e seguimento, ao superar os limiares establecidos, estes cursos están a presentar un crecemento significativo dos seus caudais, polo que poden chegar a darse enchentes puntuais.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos