13.3 C
Santa Comba
miércoles, noviembre 6, 2024

Luns cunha persoa falecida e varios accidentes na estrada

Información de AXEGA 112

Falece o condutor dun vehículo que envorcou nun terraplén en Cerceda

Os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do único implicado, que foi excarcerado polos Bombeiros de Ordes. As forzas da orde tratan de recabar toda a información posible para precisar a hora exacta do sinistro.

Un particular informaba ao 112 Galicia, pasadas as 10:15 horas, dun vehículo envorcado nun terraplén situado na marxe da AC-400 ao seu paso polo lugar da Silva, na parroquia de San Martiño de Rodís (Cerceda). Rapidamente, desde o 112 solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ordes, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e Protección Civil de Cerceda.

Foron os Bombeiros os encargados de excarcerar ao condutor, atrapado no turismo do que era o único ocupante. Pola súa banda, o persoal dos servizos sanitarios nada puido facer pola súa vida.

Dúas persoas resultaron feridas tras chocar co seu vehículo contra un poste de formigón en Muros

O persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 encargouse de trasladar aos feridos ao centro hospitalario de referencia.

Un particular testemuña do accidente chamaba ao 112 Galicia ás 7:45 horas desta mañá, e indicaba que un vehículo acababa de colidir contra un poste de formigón situado no quilómetro 47 da AC-550. Ademais, engadía que os dous ocupantes atopábanse accesibles.

Desde o 112 deuse aviso aos servizos sanitarios, ao GES de Muros, á Garda Civil de Tráfico, así como a Protección Civil de Muros e aos servizos de mantemento das estradas.

Finalmente, o persoal sanitario encargouse de trasladar a ambos implicados ao centro hospitalario en ambulancia.

Colisión contra unha árbore en Coristanco

Estoutro accidente produciuse na parroquia de San Lourenzo de Agualada (Coristanco), e unha persoa tivo que ser trasladada polos servizos sanitarios. Por outra banda, ás 8:30 horas o obstáculo quedaba retirado polos servizos de emerxencias.

O 112 Galicia recibiu, pasadas as 6:15 horas da mañá, a chamada do condutor implicado, que explicaba que colidiu cunha árbore que cortaba por completo a estrada AC-552, á altura do quilómetro 43, e se queixaba de dor no pescozo.

No operativo, ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, participaron a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Coristanco e os servizos de mantemento das estradas.

FOTO-TVG

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos