12.6 C
Santa Comba
viernes, septiembre 22, 2023

O vento deixa preto de oitenta incidencias en Galicia ao longo da noite

NOTA DE PRENSA – AXEGA 112 / FOTO TVG
Entre as 00 e as 8 horas, foron un total de 77 as recollidas polo 112 Galicia.

Os datos recollidos onte indican que as incidencias relacionadas co vento e a chuvia foron remitindo conforme o día se achegaba ao seu final: se entre as 19:00 e as 20:59 horas se rexistraron un total de 45, entre as 21 e as 22:59 a cifra quedaba reducida a 26.

Convén recordar que a estas horas permanece activo un episodio de nivel laranxa por ventos de ata 100 quilómetros por hora na Mariña Lucense, aínda que tamén sopra con forza nas provincias de Pontevedra e, sobre todo, na da Coruña.

Só os concellos mariñáns da Pontenova, Barreiros, O Valadouro e Ribadeo contabilizaran algún tipo de incidencia por meteoroloxía adversa durante a tarde do día 30, a práctica totalidade relacionada con obstáculos nas estradas como pólas ou árbores.

Por outro lado, entre as 00 e as 8 horas de hoxe, na provincia de Lugo contabilizáronse no 112 unicamente seis sucesos relacionados cos efectos do vento ou da chuvia, catro deles tiveron que ver coa presenza de pólas ou árbores nas estradas. A Pontenova, Muras, Vilalba, Mondoñedo e Ribadeo foron os concellos afectados, sen incidencias de consideración.

O groso dos incidentes rexistrados ao longo da madrugada ocorreron na provincia da Coruña, con 56, seis deles no concello da Coruña, catro en Ponteceso e tres en Santiago, Oleiros, Dumbría ou Vimianzo. En Pontevedra destacou, aínda que sen incidencias de consideración, o concello de Vigo, con tres das 13 totais, mentres que na provincia de Ourense só Quintela de Leirado e Xunqueira de Espadanedo rexistraron unha cada un.

Unha vez máis, os sucesos máis repetidos durante a noite tiveron que ver con árbores ou pólas nas estradas. De feito, na provincia da Coruña supuxeron 34 das súas 56 incidencias totais. Na provincia de Pontevedra tamén se produciron caídas de cables e restos de accidentes e outros obxectos sobre as vías de circulación.

Afortunadamente, os ventos non deixaron accidentes de gravidade ao longo da madrugada. Pode destacarse a colisión−sen feridos− dun coche contra unha árbore que cortaba a circulación no quilómetro 29 da N-550, en Ordes. O implicado informou ao 112 ás 5:10 horas de que non podía mover o vehículo polos danos sufridos.

As últimas horas de onte


A provincia máis castigada durante as derradeiras horas do día 30 (a partir das 19 horas) foi a da Coruña, con 40 incidencias, seguida da de Pontevedra, con 26; Lugo, con 13 e, por último, Ourense con unicamente dous incidentes por mor do vento ou da chuvia.

Na provincia da Coruña, os concellos máis afectados foron Brión e Muros, con catro e tres incidencias rexistradas, respectivamente. Na de Pontevedra, as cidades de Vigo e Pontevedra contabilizaron tamén tres; na de Lugo, A Pontenova e Ribadeo dúas, mentres que en Ourense tan só O Carballiño e A Veiga sumaron un suceso relacionado coas condicións meteorolóxicas adversas.

Máis da metade das incidencias que se produciron durante as últimas horas do día de onte tiveron que ver coa presenza de pólas ou árbores nas estradas (47), seguidas a moita distancia pola prevención de riscos (13).

Convén destacar neste punto a caída de pólas en varias autovías: tanto na A-54, como na A-6 e na A-8 á altura de Ribadeo, onde un dos particulares que chamou ao 112 indicaba que o seu vehículo sufrira danos. Pola súa banda, na A-6 ao seu paso por Cambre, unha árbore cortou a circulación por completo na saída do quilómetro 583, provocando retencións.

Ademais, outro particular chamou ao 112 pasadas as 22:45 horas para informar de que lle caera unha árbore enriba do coche mentres circulaba pola estrada N-550. Por fortuna, sen ter que lamentar danos persoais.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos