10.2 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Actualización incidencias polo vento sábado 31 de decembro

FONTE- AXEGA 112

Aínda que sen incidencias de gravidade e sen ter que lamentar danos persoais, os efectos do vento deixáronse notar ao longo de toda a mañá.

Entre as 8 e as 12 horas, o 112 Galicia rexistrou un total de 145 incidencias pola acción do vento. Do mesmo xeito que durante a noite, as máis frecuentes continúan sendo as relacionadas con árbores e pólas nas estradas, con 76, seguidas da prevención de riscos, con 29. En relación a estas últimas, foron varias as veces que se notificou a presenza de postes do tendido eléctrico, tellas, carteis ou outros obxectos que se atopaban a piques de caer.

Tamén son destacables as relacionadas coa caída de cables nas vías de circulación, do que o 112 tivo constancia en 16 ocasións. O resto das incidencias repártense entre a caída de postes telefónicos en estradas (6), os restos de accidentes e diversos obstáculos sobre a calzada (7), e outras que se rexistraron con menos frecuencia, como por exemplo a caída de carteis, pancartas ou sinais de tráfico (1).

No relativo ás provincias, a da Coruña continúa sendo a que máis incidencias sumou ao longo da mañá, con case un cento (94), seguida de Pontevedra (29), Lugo (18) e, por último, Ourense (4).

Na da Coruña, 46 tiveron de novo que ver con árbores e pólas nas estradas, seguidas polas 19 que se contabilizaron no eido da prevención de riscos. Pola súa parte, en Lugo e en Pontevedra destacan as ocasionadas pola presenza de árbores na vía, con 15 e 14 respectivamente, mentres que na provincia de Ourense só se ten constancia de dúas con esta tipoloxía.

Por outra banda, os concellos máis afectados polos efectos do vento foron Narón (6), Carballo (5) e Oleiros, Ponteceso e A Laracha (4) na provincia da Coruña; os municipios mariñáns de Lourenzá e Mondoñedo (3) en Lugo; A Estrada (4), Vigo e Lalín (3) en Pontevedra, e Nogueira de Ramuín (2) en Ourense.

Accidentes sen feridos
En canto aos sucesos destacables, por fortuna sen feridos, unha árbore caía ao fío das 12:30 horas sobre un vehículo que circulaba polo quilómetro 3 da AC-110, ao seu paso por Moeche. Un accidente similar ocorría unhas horas antes, pasadas as 8 horas, na N-634 á altura de Barreiros: o particular implicado informaba ao 112 de que acababa de colidir contra unha árbore que obstaculizaba a calzada.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos