6.1 C
Santa Comba
martes, diciembre 5, 2023

Folla de ruta da Consellería de Sanidade para 2023

Os obxectivos do Servizo Galego de Saúde para o 2023 están centrados en recuperar os tempos de espera previos á pandemia nas intervencións cirúrxicas, as consultas e as probas diagnósticas

Así o manifestou o conselleiro de Sanidade no acto de sinatura dos “Acordos de Xestión” coas sete área sanitarias.

Tempos de agarda en Galicia

Recoñece Julio García Comesaña que actividade cirúrxica en toda España está aínda moi resentida polos efectos da pandemia. Galicia ocupa a cuarta posición no tempo de agarda con 75 días fronte aos 113 días da media estatal.No que atinxe a una primeira consulta, Galicia está en quinta posición, ao presentar 55 días de espera media, 24 menos que a media española de 79 días.

Con todo iso desde a consellería entenden que os datos son mellorables e sitúan o obxectivo en recuperar as cifras de 2019 “que foron as de mellor rexistro histórico”, situando o tempo medio de espera global en 42 días no caso das probas e consultas, e de 54 días, nas intervencións cirúrxicas.

Axilizar intervencións quirúrxicas

Mediante o novo plan previsto pola Xunta preténdese axilizar as intervencións quirúrxicas e reducir as listas de espera.

Unha das medidas avanzadas por Sanidade é a implantación da nova historia clínica que incorpora a posibilidade das videochamadas entre médicos e pacientes.

Outro dos retos para 2023 é a loita contra os virus coa cobertura da vacinación na franxa de idade entre os 6 e os 59 meses. E tamén no relacionado o cribado do cancro de colón establecéndose como prioridade a redución do tempo de espera a menos de 60 días para o acceso a unha colonoscopia.


Tamén se quere conquerir que o 90% de citas de medicina de familia e renovación de receitas se realicen en menos de catro días ou a implantación do Programa XIDE (Xestión da Demanda en Equipo).

A mellora na atención domiciliaria dos pacientes crónicos e a extensión dos plans locais de saúde son outras dos propósitos que se recollen na folla de ruta de Sanidade.


Para Julio García Comesaña búscase unha maior optimización dos recursos dispoñibles “coa vista posta nunha atención centrada no paciente” e estes acordos hoxe asinados “axudarán a conseguir estes obxectivos, en beneficio de profesionais sanitarios e pacientes, e nunha sanidade pública máis forte”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos