15.1 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Máis de sesenta persoas do mundo cultural e científico lanzan o «Manifesto da Outra Xente»

«Vivimos un tempo de emerxencia planetaria. Hai que poñer fin á guerra contra a natureza. Poñer fin aos procesos de extinción», así comeza o «Manifesto da Outra Xente», en defensa da natureza e a defensa dos dereitos dos animais, que asinan máis de sesenta persoas do mundo da cultura, o xornalismo, a educación, da xustiza e o ambientalismo científico do país. Promovido por Antonio Sandoval e Manuel Rivas aparecen sinaturas de persoeiros da Costa da Morte como Rafael Lema, Suso Lita, ou Pepe Formoso.

MANIFESTO

Vivimos un tempo de emerxencia planetaria. Cómpre poñer fin á guerra contra a natureza. Poñer fin aos procesos de extinción. Acabar cos asasinatos ecolóxicos en masa contra a Outra Xente.

É hora de descolonizar e desescravizar a nosa mente. O respecto á Outra Xente, á natureza, é tamén a nosa emancipación. Sen a biodiversidade non haberá lugar para o ser humano.

Fronte ao fanatismo da sobreexplotación ilimitada debemos abrir paso a un decrecemento, entendido como unha nova abundancia. Abundancia no benestar con e coa natureza. Temos que renaturalizármonos para reencantarnos coa nai terra.

Chegou o intre de pensar en ampliar os dereitos da outra xente e espallar de xeito universal leis que a defendan fronte a todo tipo de ecocidio.

Hai que actuar. O primeiro paso, a primeira revolución, é comezar a escoitar as voces da Outra Xente.

FIRMAS

María Aguilera, escritora, profesora; Marilar Aleixandre, escritora, naturalista; Pep Amengual, biólogo; Lois Alcayde Dans, escritor, xornalista; Rosa Aneiros, escritora; Manuel Bragado, mestre Educación primaria; Guillermo Busutil, escritor, periodista; José Antonio Caride, catedrático de universidad; Nati Comas, editora; Carlos de Hita, técnico de sonido de la naturaleza; Miguel de Lira, actor; Marta del Riego Anta, escritora, periodista; Mercedes Corbillón, librera; Xosé Diaz Arias de Castro, deseñador; Ernesto Diaz, naturalista; Alfonso Domingo, escritor, cineasta; Michael Donaldson Carbon, gestor público; Pepe Formoso, empresario de turismo ecolóxico, profesional da comunicación; Elisenda Figueras Llavería, promotora cultural; Xosé A. Fraga, historiador, divulgador da ciència; José Antonio Gaciño, periodista; Pablo Gallego Picard, arquitecto; Unai García Martínez, ingeniero mediambiental; Txema García Paredes, escritor, periodista; Menchu Lamas, pintora; Lola Larumbe, librera; Rafael Lema Mouzo, escritor, investigador, hostaleiro; Suso Lista, escritor; Ignacio López Blanco, músico, productor, técnico de son e luces; Isabel López Mariño, docente; Xulio López Valcárcel, escritor; Brais Lorenzo, fotoxornalista; Ada Lloréns, arquitecta, urbanista y paisajista; Rosa M. Tristán, escritora, periodista; Sol Mariño, fotógrafa e poeta; José Manuel Marraco, abogado; Gabi Martínez, escritor; Carolina Martínez Gila, gestora cultural; Antón Masa, biólogo e investigador; Xacobe Meléndrez, fotógrafo,videocreador, meteorólogo; Javier Morales, escritor, periodista; Cláudia Morán Mato, xornalista; Ramón Nicolás, profesor, escritor; Javier Naves, biólogo e investigador; Olga Novo, escritora, docente; Antía Otero, escritora, editora; Mario Obrero, poeta; César-Javier Palacios, periodista ambiental; Antón Patiño, pintor; Mercedes Peón Mosteiro, música, compositora, instrumentista; Xosé Manuel Pereiro, xornalista e escritor; Héctor Pose, docente, escritor; Manuel Rivas, escritor, periodista; Olga Rodríguez Francisco, escritora, periodista, guionista; Xesús Ron, dramaturgo, grupo Chévere; Mónica Sabatiello, escritora, periodista; Ramón Rozas Domínguez, xornalista cultural; Rafa Ruiz, periodista, director ‘El Asombrario’; María Sánchez, veterinaria, escritora; José Manuel Sande, escritor e programador cinematográfico; Antonio Sandoval, escritor, ornitólogo; Dores Tembrás, escritora, editora; Ruth Toledano, escritora, periodista, directora ‘El Caballo de Nietzsche’; Xurxo Souto, músico, escritor; Begoña Varela Bárcenas, libreira; Xavier Villaverde, director cinematográfico, productor, guionista, fotógrafo; Yolanda Virseda, profesora de Lengua y Literatura; Chusé Raúl Ousón, editor; Carolina Reoyo, editora; Clemente Bernard, fotógrafo documental.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos