9.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 10, 2024

VI Congreso Converxencia 21. José Palacín elixido presidente

O VI Congreso de Converxencia 21 celebrado en Tui proclama Presidente a José Palacín.
O pasado sábado celebrouse na Sala Félix do Área Panorámica (Tui) o VI Congreso Nacional do partido Converxencia 21.


En medio do caos circulatorio polo corte da Autovía A-55, o que impediu chegar a algúns compromisarios, o sexto congreso deste partido liberal, de ámbito galego e que fora fundado en 2009 por Carlos Vázquez Padín, afrontou unha profunda reforma estatutaria e renovou os cargos de dirección.


No primeiro aspecto, subliñar que C21 apostou por sacar adiante uns principios ideolóxicos moito máis centrados no servizo á persoa, á sociedade civil e á democracia participativa, así como a reformular o corpus xurídico e organizativo da formación.


Respecto da dirección, o máis salientable foi a elección unánime de José Manuel Palacín como novo Presidente Nacional, en substitución do avogado lucense Xaime Requeixo de quen todos destacaron a súa extraordinaria labor. O propio Carlos Vázquez Padín foi aclamado como Presidente de Honra.


Palacín destacou que se abre un novo tempo para os liberais de Galicia, con dúas fases de actuación, unha ata as Municipais do 2023, na que se centrarán en Tui, e unha segunda, máis a longo prazo, para a cal trazarán unha estratexia de expansión.

Fonte-Converxencia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos