13.3 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Ángel Carracedo recibe o Premio Otero Pedrayo 2022 reivindicando a ciencia como parte do acervo cultural

Outro recoñecemento máis para este ilustre veciño de Santa Comba. O catedrático en Medicina Legal, investigador e experto en xenética Ángel Carracedo recolleu o Premio Otero Pedrayo 2022 nun acto institucional organizado pola Deputación da Coruña no Muncyt.

Na súa intervención, Ángel Carracedo fixo un alegato por considerar «a ciencia como unha parte indespensable do acervo cultural» e amosou a súa satisfacción «porque este premio recoñeza a ciencia como unha parte da Cultura, porque considero que é tamén un xeito eficaz un de achegar a propia ciencia á sociedade en xeral».

Carracedo defendeu que «hai moitas similitudes entre a creación científica e a creación artística» e asegurou que «a ciencia comparte moitos aspectos coa arte, por iso entendo que debe considerarse como parte da Cultura e estar máis presente en formatos de divulgación culturais, como por exemplo nas páxinas de Cultura dos medios de comunicación».

Formoso cualifica a Carracedo de «pioneiro» e «visionario«

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, cualificou a Ángel Carracedo como «un pioneiro, un visionario e un extraordinario divulgador científico que viaxa a través das formas máis ínfimas de vida, no interior das moléculas, para descifrar o que tal vez é o maior misterio da humanidade: que é quenes somos, aquelo que James Watson, premio Nobel polo descubrimento da estrutura molecular do ADN definiu como o segredo da vida».

Formoso sinalou a pandemia da Covid-19 puxo de manifesto a importancia da investigación e da ciencia «como base imprescindible para superar adversidades tan perversas como a que vivimos co virus» e reclamou ás administracións que poñan todos os recursos necesarios ao alcance dos nosos profesionais no campo da medicina, da investigación, da ciencia…pois ese será o instrumento clave para o progreso e o benestar da cidadanía».
O presidente manifestou a súa satisfacción porque o Otero Pedrayo, o máis lonxevo de Galicia, premie por vez primeira a un persoeiro do mundo da ciencia e subliñou que «ese espírito incansable de procura do coñecemento do que fixo gala Otero Pedrayo ao longo da súa vida é tamén o que hoxe homenaxeamos na persoa de Ángel Carracedo».

Palabras de Xurxo Couto

Pola súa banda, o deputado de Cultura, Xurxo Couto aproveitou para lembrar que «cando propuxemos que nesta edición se recoñecese a contribución de Ángel Carracedo á investigación e á ciencia, tiñamos en mente a conveniencia de ensalzar o propio Premio facendo unha lectura o máis ampla posible dos seus obxectivos». Sobre o premiado asegurou que «Ángel Carracedo non só exemplifica a excelencia nunha carreira científica, senón que tamén é exemplo do traballo realizado desde o país, de confiar nas capacidades e no potencial propio, de poñer a investigación galega no mapa mundial».


No acto institucional desta tarde tamén participaron a actriz Neves Rodríguez, quen actuou como mantedora, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o ex-director dos Museos Científicos da Coruña, Xosé Lois Fraga, que foi o encargado de glosar os méritos do premiado en nome do xurado. A música correu a cargo de Lucía Martiz Dúo.

Ademais de representantes do goberno autonómico e das catro deputacións provinciais, tamén asisitiron representantes da RAG, do CCG, da AELG, da USC, da UCD, e representantes das corporacións municipais de A Coruña, Santiago de Compostela e Santa Comba, entre outras autoridades.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos