14.6 C
Santa Comba
jueves, septiembre 21, 2023

O Partido Galego celebrou o seu congreso erguendo a bandeira do galeguismo moderado, integrador e conciliador

Arzúa acolleu o congreso constituínte do Partido Galego que reivindica “ a óptica da centralidade política baseada nun galeguismo moderado, integrador e conciliador”.

O secretario xeral da formación, Maxi Vázquez manifestou:

“Precisamos moita xenerosidade e facer unha concentración parcelaria do galeguismo do País con altura de miras, para que estean representados neste proxecto co obxectivo de ter a representación necesaria para influenciar nas políticas nos concellos, na Xunta e chegado o momento no Estado ou na Unión Europea”.

No Congreso aprobáronse sete documentos, e entre eles o referfente a tese política e á liña estratéxica. Tamén se elixiron os dous máximos órganos de dirección do partido, o Consello Nacional e a Executiva Nacional conformados por 12 persoas, entre as que están o Secretario Xeral e o Presidente.

Consello Nacional do Partido Galego

O Consello Nacional está formado por Xosé Mosquera(presidente), Maxi Vázquez Salvado (secretario xeral), e por Montse Almozara, Xesús Ares, José Antonio Díaz, Beatriz Estévez, Álvaro Filgueira (estes tamén parte da executiva nacional) e por Óscar David Casais, Xosé Antón López, José Ramón Perol, Juan Jesús Rozas, e Marcial Vázquez.

O Partido Galego ten o obxectivo de presentarse ás eleccións municipais de 2023 nas sete cidades e nos principais concellos de Galicia. Recentemente presentáronse agrupación locais en Santiago e Lugo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos