14.2 C
Santa Comba
jueves, octubre 31, 2024

Rubén Lorenzo : ”Carballo merece máis que un goberno esgotado e un alcalde resignado e sen ambición”

O portavoz do Partido Popular de Carballo, Rubén Lorenzo, criticou hoxe a resignación do alcalde, Evencio Ferrero, e “a súa falta de ambición e a súa inacción na posta en marcha de proxectos prometidos, como a reforma e ampliación do Pazo da Cultura, paralizadas a só sete meses da celebración das eleccións municipais”.

Coincidindo co vinte aniversario da construción do Pazo da Cultura, executada por un goberno do PP, Lorenzo formulou unha pregunta sobre a situación deste inmoble ao alcalde no programa “Cita con Carballo” de Radio Voz Bergantiños.

Para Rubén Lorenzo, unha vez máis, Ferrero da mostras “dun proxecto esgotado, incapaz de levar a cabo a ampliación comprometida e poñendo en risco unha inversión de máis dun millón de euros”.

Lembra o portavoz popular a promesa electoral do BNG “de dotar o concello dun novo auditorio”. Tamén critica que o gobenro local “vendíanos una renovación total do Pazo da Cultura e da súa contorna, con actuacións urbanísticas en rúas colindantes, que a día de hoxe segue no caixón”.

Para Rubén Lorenzo “Carballo merece máis que un goberno esgotado e un alcalde resignado e sen ambición. A vila ten que volver ser o referente que foi na comarca de Bergantiños

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos