13.6 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

El PP dará a coñecer a todos os seus candidatos antes de que remate o ano

//Un obxectivo dos populares é recuperar a Deputación provincial coruñesa//

O Presidente provincial do Partido Popular, Diego Calvo, avanzou na xunta directiva do partido, que se darán a coñecer aos candidatos nos diferentes concellos da provincia antes de que remate o ano.

“O noso obxectivo non pode ser outro que o de saír a gañar en todos os municipios. Queremos consolidar as alcaldías que temos, conseguir outras nas que nos quedamos a poucos votos e recuperar a Deputación da Coruña” manifestou.

Está convencido que as eleccións municipais de 2023 marcarán o inicio do “cambio político”. Indicou que a proposta do seu partido é “baixar impostos, devolver o poder adquisitivo ás familias, axudar a empresas e autónomos e poñerse a gobernar de maneira seria, eficaz e cun único obxectivo: o benestar xeral dos cidadáns”.

Solvencia e sentidiño

Pola súa banda a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado reivindicou o proxecto de “solvencia e sentidiño” do PPdeG para dar “estabilidade e certezas aos galegos nun contexto económico moi complicado”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos