11.6 C
Santa Comba
miércoles, enero 15, 2025

No Día Mundial da Radio 2022

Xosé Manuel Lema// Neste Día Mundial da Radio quero compartir un poema que lle adiquei a Radio Xallas e ós seus ouvintes, e que está recollido no libro «Cartafol de Néboas». 

“Radio Xallas”

Ós meus aprezados ouvintes

Non hai puñal para cortar silencios,

só un micrófono negro con pasamontañas de escuma,

non teño as luces claras da verdade absoluta,

só un corazón naufragando en megavatios.

 

Proxecto a voz por camiños hertzianos,

entrando cun tren eléctrico nos fogares,

nos coches cargados de rutina,

nos comercios que pelexan contra a vida.

 

Ceibando acordes e verbas cálidas,

que misteriosamente saen do vello transitor

na caseta do vendedor de xornais,

e se mixturan con follas de tinta negra.

 

A luz vermella acendeuse na capital do Xallas,

e coas cordas vocais toca traballa-la leira,

unha excelente primicia, unha lamentable traxedia,

a crónica da xornada, secuencia a secuencia.

 

Na antena da ilusión aniñan cisnes violetas,

e tamén algunha serpente de ás infectas,

porque non todo é gloria, como a vida mesma,

anque despois de cada travesía, é doce a recompensa.

 

Días de radio que sobreviven baixo a choiva,

horas que se resolven nas arterias do dial,

non sei se debería, pero agora digo

que o teu amor é a mellor noticia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos