13.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 20, 2025

O conselleiro de Sanidade anunciou as novas medidas que entrarán en vigor este sábado 29 de xaneiro

 O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou esta mañá en rolda de prensa, das decisións acordadas polo Comité clínico na súa xuntanza de onte, e entre as que destaca a supresión da limitación de xuntarse na vía pública con persoas non convinventes durante a madrugada.
 
O anuncio prodúcese logo de que a comunidade galega rexistrase varias xornadas de mellora nos seus datos epidemiolóxicos, atopándose na actualidade nunha “situación de estabilidade”, tal e como remarcou o titular do departamento sanitario da Xunta.
 
Neste senso, a incidencia acumulada en Galicia sitúase arestora en 1.327 casos por cada 100.000 habitantes, e é de 3.007 casos no seu cómputo a 14 días. A razón de taxas  sitúase no 0,8%; e a porcentaxe de positividade diminuíu até o 21,5%, sendo a menor de todo o territorio español.
 
Tras avaliar os datos epidemiolóxicos da comunidade, o grupo de expertos que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia acordou tamén recuperar os horarios de apertura na hostalería e na restauración. Así, amplíanse estes horarios até a 1:00 da madrugada -entre as xornadas do domingo e o xoves-, e até a 1:30h durante os días da fin de semana.
 
Do mesmo xeito, desde o vindeiro sábado 29 de xaneiro, en que entrarán en vigor as novas medidas, as mesas emprazadas no exterior destes locais poderán ter unha ocupación máxima de  15 persoas, manténdose o límite de 8 persoa nas mesas interiores.  Así mesmo, voltará a estar permitido o consumo en barras e a realización de cócteles de pé.
 
No  que atinxe aos locais do ocio nocturno, o seu horario de apertura ampliarase até ás 4:30 da madrugada durante os días da semana, e até as 5:00h nos días da fin de semana.
 
Nestes eidos, e de ser ratificado polo TSXG, durante alomenos 15 días máis seguirá a ser obrigatorio exhibir os certificados covid para acceder aos locais de hostalería, restauración e ocio nocturno durante a totalidade do seu horario de apertura.
 
 
Outra decisión salientable no desescalado das medidas acordado polo comité clínico, é a posibilidade de voltar a celebrar concertos e espectáculos de pé. O conxunto destas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 29 de xaneiro. 
 

Protocolo para un  entroido seguro

 
O Comité clínico tamén vén de aprobar o protocolo que elaborou dirección xeral de Saúde Pública co ánimo de gozar da festividade do Entroido dun xeito seguro, e así minimizar o risco de transmisión do coronavirus.
 
Neste senso, os Concellos deberán adoptar todas as medidas precisas para garantir o uso correcto dos espazos nos que se desenvolvan os desfiles, exhibicións musicais e bailes itinerantes. Así, deberase respectar a distancia de seguridade entre persoas e o emprego da máscara en todo momento, -tanto para os participantes como para o público-. Ademais estará prohibido fumar, incluídos cigarrillos electrónicos, no espazo público.
 
As condicións da obriga de presentar os certificados covid-19 seguirán a normativa que estea vixente no momento da celebración do Entroido
 
 

 

NOTA DE PRENSA DA XUNTA DE GALICIA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,130SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos