O 15 de xaneiro de falecía o político galego Manuel Fraga Iribarne ós 90 anos de idade e despois dunha ampla traxectoria política como Presidente da Xunta de Galicia (1990-2005), presidente fundador de Alianza Popular, líder da oposición española, ou Ministro de Información e Turismo.
Este sábado 15 de xaneiro era lembrado na súa vila natal, Vilalba. O presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo sinalou que “suceder a Fraga foi unha enorme responsabilidade, pero tamén un enorme orgullo. Porque con el Galicia foi consciente de que desde un recuncho de Europa pódese ser líder. A mellor homenaxe que lle podemos facer é a de continuar o legado que nos deixou. Galicia por encima de todo”.