4.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

A limitación horaria cínguese ás reunións de non convivintes na rúa os xoves, venres e sábados

A Xunta de Galicia cinguirá a limitación horaria de reunións de non conviventes na rúa entre as 3,00 horas e as 6,00 h., en espazos públicos públicos e privados, aos xoves, venres e sábados, logo da reunión do subcomité clínico celebrada no día de hoxe. Así mesmo, o subcomité acorda prolongar o resto de medidas polo menos dúas semanas máis, ata dar por rematada a sexta vaga que está a provocar unha explosión de casos en toda España.

No que respecta ao proceso de vacinación, o subcomité amosouse preocupado pola incertidume acerca de reducir de 6 a 3 meses o período de tempo que debe pasar dende a administración da segunda dose para poder administrar a de reforzo.

Por outra banda, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade comunicou ao subcomité que procederá a elaborar un protocolo para a festividade do Entroido, unhas datas nas que adoitan producirse aglomeracións.

Nota da Consellería de Sanidade

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos