5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Martín Seco:”Formoso opta por restar e purgar en vez de sumar»

Críticas do actual secretario de Acción Electoral e membro da dirección galega en funcións. Martín Seco reprobou “a falta de aposta pola integración” de Valentín González Formoso, cuestionando así a “nula veracidade” do discurso de integración co que se presentou ás primarias o secretario xeral electo.

“Formoso opta por restar e purgar en vez de sumar» afirma Martín Seco logo de que  Formoso requirira o cambio do comité organizador do 14º Congreso Nacional do PsdeG:”Empeza mal se purga aos compañeiros e compañeiras elixidos polo Comité Nacional Galego”.

Seco amosou “respecto” pola resolución federal, pero considera que Formoso erra politicamente ao non comunicar a súa posición á executiva galega, cuxo mandato está vixente ata o congreso, a pesares da boa disposición da dirección galega en funcións a colaborar co equipo de Formoso.

Filtracións interesadas á prensa

“A nosa estratexia é contribuír entre todos e todas para facer o mellor traballo posible para a nova etapa, pero parece que algúns só entenden a integración de boquilla”, reprobou, antes de lamentar que “algúns seguen na estratexia de menoscabar ao partido con filtracións interesadas aos medios de comunicación, como levan facendo dende o día en que Gonzalo Caballero gañou as primarias”.

Neste senso, o dirixente socialista recordou a Formoso que “agora xa non ten que seguir facendo oposición a Gonzalo Caballero”, senón que cómpre que “empece a traballar en clave colectiva”. “Este xeito revanchista de actuar cos compañeiros e compañeiras vai na liña completamente oposta á de unir o partido para seguir fortalecendo o proxecto socialista en Galicia”, advertiu.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos