O actual presidente da Deputación coruñesa e alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso será o secretario xeral do Partido Socialista de Galicia durante os vindeiros catro anos, logo de imporse nas eleccións primarias celebradas este sábado 30 de outubro.
Formoso venceu en cinco das sete grandes cidades (A Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago e Ourense) mentres que o ata o de agora secretario xeral, Gonzalo Caballero gañou nas cidades de Vigo e Pontevedra.No debate entre candidatos, Formoso amosouse partidario de promover “un proceso de unificación” dentro do partido.
González Formoso obtivo o 58,7% dos votos , con 4.337 papeletas ao seu favor fronte as 2.970 de Gonzalo Caballero. Formoso venceu con claridade na provincia da Coruña con 2.059 diante dos 903 de Caballero. Tamén se impuxo en Lugo.Caballero foi o ganador na provincia de Pontevedra e na de Ourense.